Portada

Antes de continuar e crear o teu sitio web, le o contido desta páxina

Benvida As Mariñas

Desde este espazo poderás crear o sitio web corporativo da túa empresa.
Poderás ter:

  • Tenda en liña
  • Catálogo de produtos
  • Porfolio da empresa
  • O sitio dunha empresa de hostalaría
  • etc…

No caso de que precises servizos que non se recollan no paquete gratuíto, ponte en contacto con nós e estudaremos o teu caso.

Recursos:

Condicións de uso

A infraestrutura tecnolóxica que soporta o proxecto de As Mariñas, pertence a Xabier Seixo.
Dentro desa infraestrutura, e a través da rede de sitios web, https://atendadasmarinhas.com, pódense crear sitios web de terceiras persoas.
Mentres que o software que sustenta a infraestrutura pertence ao propietario da mesma e/ou a terceiras persoas lexítimos (software de terceiros), todo o contido que se xere nos sitios webs, pertence a persoa responsábel do sitio web: imaxes, vídeos, texto etc.
O propietario da infraestrutura (Xabier Seixo), non se fai responsábel do mal uso que se faga deste recurso, e se reserva o dereito a suspender e/ou eliminar un sitio web que infrinxa a lexislación vixente, ou que contradiga o espírito da iniciativa.
A creación de sitios webs a través de https://atendadasmarinhas.com está orientado a que pequenas empresas, autónomos/as, freelance e mundo da cultura, poidan crear os seus sitios webs para mostrar os seus produtos e servizos: tendas online, catálogos, etc polo que as webs terán que ter un contido acorde a esta premisa, eliminándose aquelas que se entenda que non cumpren este requirimento.
Aqueles sitios webs que vendan produtos ilegais, serán eliminados, tanto a web como o contido, do servidor.
– Non se permitirán sitios webs nos que se inclúa contido racista, xenófobo ou aporofóbico, eliminándose tanto o sitio web como o contido, do servidor.
– Non se permitirán sitios webs nos que se inclúa contido machista ou de denigración cara as mulleres, eliminándose tanto o sitio web como o contido, do servidor.
– Non se permitirán sitios webs nos que inclúa contido pornográfico, eliminándose tanto o sitio web como o contido, do servidor.
– No caso de que no sitio web, se vaian vender produtos legais pero que precisen dunha validación de idade para consultar/visualizar (como pode ser alcol), deberá informarse, enviando un correo electrónico a info@asmarinhas.com, para así incluír na páxina principal, o texto informativo correspondente.
– Non se permite crear sitios web a menores de idade, polo que no caso de crear un, confirmas ter cando menos 18 anos.

O propietario/a do contido do sitio web, pode solicitar en todo momento unha copia do mesmo, e tanto a eliminación do mesmo, como a conta de usuario/a que se xera coa creación dun sitio web.

Se precisas unha web, pero non te axustas as condicións do perfil de profesional, ponte en contacto con nós  e analizaremos o teu caso. En https://social.asmarinhas.com temos outra rede para poder crear sitios web para entidades e particulares que desenvolven a súa acción no procomún e no comunitario.

Se tes algún proxecto que consideres que ten un interese social ou empresarial para mellorar a vida das persoas que vivimos en As Mariñas, e que precise un sitio web, non dubides en poñerte en contacto con nós.

 

FAQ (preguntas frecuentes)

  • Podo usar un dominio propio na miña web en As Mariñas?
    Si, poderás usar un dominio propio para a túa web na plataforma de As Mariñas, pero non está incluído no paquete gratuíto.
  • En que idioma podo ter a miña web?
    Podes elixir entre o galego o castelán e o inglés como idiomas. Se ademais queres que o teu sitio web soporte sexa multilingüe, ponte en contacto con nós
  • Podo usar unha pasarela de pagos no caso de tenda online?
    Poderás usar as pasarelas de pago que incluímos no paquete gratuíto, tanto Stripe como Paypal. Para outras pasarelas (de bancos), ponte en contacto con nós.
  • A plataforma inclúe un servizo de envío no caso de tenda online?
    Non, na plataforma  non se inclúe ningún servizo de envío a domicilio; no caso de que a túa tenda precise deste servizo, ponte en contacto con nós.

Máis